O mellor de Lugo escollido para ti

A tenda dos produtores da provincia de Lugo. Xuntámonos os da montaña, os da costa, os da horta e os do leite. Sen intermediarios, a uns prezos xustos. Merca como nunha feira e recíbeo na túa casa.

A nosa selección

Produtos destacados

[Inicio] Filtro de categoría

A nosa historia

A túa feira, a golpe de clic

Son de Lugo naceu dunha idea sinxela: que calquera persoa puidese ter na súa mesa eses produtos que só existen en pequenas producións, os que non aparecen nos grandes supermercados, os que hai que coñecer a alguén para poder probalos.

Porque eses produtos existen. O que faltaba era o lugar onde atopalos todos. En Son de Lugo están os mellores produtos da provincia de Lugo, sen ter que percorrer decenas de quilómetros para atopalos.

Quen está detrás

Os nosos produtores

Familias e obradoiros da provincia de Lugo que traballan cada día para levar o mellor da terra á túa mesa.

vaca_carqueixa
Cervantes
Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.
cervexas-pintega
A Fonsagrada
Cervexa artesanal da montaña feita con ingredientes naturais, tradición recuperada e vida no rural, elaborada en A Fonsagrada con carácter propio.
arqueixal-nabiza
Palas de Rei
Arqueixal: tradición, ecoloxía e innovación rural con queixos, leite e experiencias que revitalizan a aldea e conectan pasado e futuro galego.
embutidos-hermelino
Valadouro
Embutidos Hermelino elabora produtos cárnicos tradicionais con porco celta certificado, ingredientes naturais e afumado propio no Valadouro.
embutidos-suarna-01
Navia de Suarna
Levan máis de vinte anos elaborando embutidos artesáns ligados á montaña lucense, mantendo tradición, territorio e sabor en cada peza.
a-nosa-historia-casa-principe-01
Navia de Suarna
Casa Príncipe elabora mel nos Ancares unindo tradición abelleira, recuperación dos cortíns e respecto por unha contorna natural única.
milhulloa-01
Palas de Rei
Milhulloa transforma plantas medicinais, aromáticas e produtos da Ulloa en infusións, oleatos e alimentos ecolóxicos con saber tradicional.
muuhlloa-01
Monterroso
Muuhlloa une leite ecolóxico, plantas medicinais e talento rural para crear cosmética galega natural, sostible e con raíz na Ulloa.
miel-outurelos
Negueira de Muñiz
Outurelos elabora mel artesán de montaña e recupera a cultura abelleira tradicional, coidando as abellas, os cortinos e o territorio.
panaderia-fraga-01
Palas de Rei
Panadería Fraga elabora pan artesán con fariña do país, fermentación lenta e o saber herdado de quen entende o pan como un produto vivo.
ribeiregas-01
Negueira de Muñiz
Ribeiregas elabora alimentos ecolóxicos e artesáns na alta montaña lucense, defendendo a terra, a vida rural e o territorio.
mel-toxalriba
Navia de Suarna
Mel ToxalRiba produce mel intenso dos Ancares, elaborado con manexo tradicional das abellas e respecto polo territorio de Navia de Suarna.

Detrás de cada produto

Unha familia, un nome, unha historia

Vídeos de Son de Lugo
7 Videos

Sinxelo e cómodo

Así funciona Son de Lugo

Escolle os teus produtos

Escolle os teus produtos. Engade ao teu carriño carne, mel, queixos, pan, viños... e moito máis. Todo 100% da provincia de Lugo.

Preparamos o teu pedido

Preparamos o teu envío. Xuntamos os produtos de todos os produtores nun único paquete. Máis sostible e cómodo.

Recíbeo na túa casa

Recíbeo na túa casa. Facemos envíos todos os martes e xoves. Con envío gratis en pedidos superiores a 78€. 

Mercar en Son de Lugo é ir descubrindo pequenos produtores da provincia de Lugo, é como ir a unha feira, pero facendo clic

Luís Iglesia, actor.

Proba o mellor de Lugo

Enviámosche unha selección de produtos da terra directamente á túa casa. Sen intermediarios e coa satisfacción de saber de onde vén e quen o produce.