Mel Casa Príncipe

Mel de castiñeiro

Desde 7,00

/ bote

IVE incluído

Nesta colleita o castaño predomina moi notablemente, sendo suficiente para poderse etiquetar como monofloral, pero aparece tamén a uz (brezo). É un mel de cor ámbar escura cun lixeiro aroma a madeira mollada e un sabor doce máis bravo con unhas notas saladas e amargas aportadas pola uz.

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

Esta historia comeza co legado do noso pai e o seu amor pola natureza, o que inspirou a mantermos este lazo entre abellas e os Ancares e converternos en pastores de abellas.

A tradición abelleira constitúe unha cultura enxebre dos Ancares que ten coma mellor expresión a existencia dunha arquitectura popular de enorme beleza: os cortíns.

En Casa Príncipe facemos a recollida do mel (esmelga) ao final do verán. Así recollemos o sabor de todas as floracións das paisaxes dos nosos cortíns: castaños, uces, silvas…

A porcentaxe de néctar de cada tipo de flor varía todos os anos, dependendo das condicións ambientais e meteorolóxicas de cada ano.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Mel de castiñeiro”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

Mel Casa Príncipe
Navia de Suarna

Casa Príncipe elabora mel nos Ancares unindo tradición abelleira, recuperación dos cortíns e respecto por unha contorna natural única.