A Carqueixa (O sabor dos Ancares)

Cervantes

Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.

Os produtos de A Carqueixa (O sabor dos Ancares)

caldo-bar-xegunde
Desde 6,50

A nosa historia

O Sabor dos Ancares é un proxecto de empoderamento gandeiro co que os socios e socias da Carqueixa queremos recuperar o control sobre as nosas canles de venda. No 2019 iniciamos esta transformación da nosa cooperativa para garantir o futuro da nosa actividade gandeira e fixémolo apostando por confiar en ti.

A nosa carne procede dos becerros que se crían de xeito tradicional, tan tradicional que moitos de nós aínda facemos a trashumancia. As súas nais xa teñen pedigrí nisto da carne.

Ademais, a diferenza do modelo intensivo, os becerros quedan con súa nai, creándose unha simbiose vaca-becerro, que favorece o bo facer das persoas que forman a cooperativa.

Os métodos que integran o noso corpus de habilidades foron pasando de xeración en xeración, co resultado do coñecemento do aproveitamento de recursos propios e o coidado dos animais.

E ti preguntaraste: e cal é a diferenza con outras carnes?

Pois ben, os nosos becerros, os becerros dos Ancares, da Cooperativa A Carqueixa, aliméntanse a base de lactancia materna ata os 7 meses e con forraxes, cereais, patacas e produtos da horta como complemento.

Iso, coa súa crianza en liberdade ten como resultado unha calidade dificilmente superable.

Galería

Vídeo

Os datos de A Carqueixa (O sabor dos Ancares)

Teléfono

618 590 273

email

carqueixa@osabordosancares.com

Localización

Coñece todos os nosos produtores

Cada produto ten unha historia. Descubre as familias e obradoiros que fan posible Son de Lugo.