Panadería Fraga

Empanada galega de tenreira

25,90

/ unidade

IVE incluído

1 unidade de 800g-900g aprox.

Empanada galega de carne de tenreira, elaborada no forno tradicional da Panadería Fraga de Palas de Rei.

  • Elaborada de forma artesanal, con ingredientes de calidade.
  • Desfrútaa na túa casa con todo o sabor dunha empanada recén feita.
  • Pode consumirse en frío ou cun golpe de calor do forno.

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

A empanada de carne forma parte da tradición gastronómica lucense. Neste caso, o recheo faise seguindo a receita tradicional, tal como o facían as nosas avoas. Seleccionando sempre carne de tenreira de calidade, só necesita cebola, pemento vermello, aceite de oliva e sal.

En canto á masa, na Panadería Fraga respectan os tempos de fermentación e forneado que este tipo de produto necesita, conseguindo unha masa fina e co sabor que só ten a empanada tradicional.

Enviamos a empanada á túa casa recén feita, para que chegue o máis fresca posible e a poidas degustar tanto en frío como en quente, despois de darlle un golpe de calor no forno durante uns minutos.

A Panadería Fraga leva máis de corenta anos elaborando empanadas galegas e pan no seu obradoiro de Palas de Rei. Unha historia de saber facer e tradición, que ten como resultado produtos de alta calidade e sabor.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Empanada galega de tenreira”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

Panadería Fraga
Palas de Rei

Panadería Fraga elabora pan artesán con fariña do país, fermentación lenta e o saber herdado de quen entende o pan como un produto vivo.