Sobre nós
A túa compra importa máis do que parece
En Son de Lugo xuntámonos produtoras e produtores dos Ancares, da Ulloa, da Ribeira Sacra, da Terra Chá… e de toda a provincia de Lugo, coa idea de levar os nosos produtos ás casas de toda a península.
01
Motor económico do sector agroalimentario
Somos conscientes do noso privilexio.
Vivimos nunha terra na que o sector agroalimentario é un dos principais motores económicos e un dos que achega máis emprego e innovación.
Os nosos produtores e produtoras están comprometidos cun territorio ameazado polo despoboamento e son responsables de preservar unha paisaxe e unha cultura ancestral, pero son conscientes tamén de que nada disto é posible sen unhas condicións de vida dignas.
02
Cada produto: unha familia, un nome, unha marca
Sabemos facer, e moi ben, queixos, embutidos, pan ou cervexas.
Os nosos produtos cárnicos proceden de animais en liberdade e pastoreados en prados, soutos e carballeiras, que conforman a nosa contorna á beira de alvarizas centenarias. A orografía e o clima permiten unhas hortalizas magníficas, ademais de herbas aromáticas e prantas mediciñais.
Detrás de cada produto que podes mercar en Son de Lugo, hai unha familia, un nome, unha marca. Hai alguén que leva anos producindo dunha forma comprometida co territorio, co medio e coa calidade. Non porque sexa a forma máis sinxela de producir, senón porque é o único xeito deobter os mellores produtos.
03
Transparencia total, de principio a fin
Sabes de onde vén. Cada produto ten un produtor asociado e un territorio concreto dentro da provincia de Lugo.
Pequenas producións, gran calidade. Produtos que non se atopan nos supermercados.
Feitos con tempo e con oficio.
04
Compromiso cos produtores, co rural e co planeta
Bo para o produtor. Cobra o que é xusto, planifica a súa produción e mantén a súa independencia fronte a intermediarios.
Bo para o rural. Xera empregos de calidade. Fixa poboación. Crea oportunidades onde máis falta fan.
Bo para o planeta. Produción de baixa intensidade, en harmonía co medio. Menos embalaxes, menos pegada. Produto de aquí, consumido aquí.
Sinxelo e cómodo
O que a túa compra implica
Proximidade
Produtos 100% da provincia de Lugo. Directamente da granxa, do obradoiro ou da horta dos nosos produtores.
Calidade
Produtos artesanais, elaborados con materias primas de primeira e metodos tradicionais. Sen atallos, sen prisas.
Prezo xusto e sen intermediarios
O valor da túa compra vai directo ao produtor e ti pagas un prezo xusto por produtos de alta calidade e con todo o sabor.
Sostibilidade
Apoias o rural, as marcas dos pequenos produtores e reduces a pegada ecolóxica. Envíos agrupados e envasado responsable.
Proba o mellor de Lugo
Enviámosche unha selección de produtos da terra directamente a túa porta. Sen intermediarios, sen présa.