Embutidos Hermelino elabora produtos cárnicos tradicionais con porco celta certificado, ingredientes naturais e afumado propio no Valadouro.
Os produtos de Embutidos Hermelino
A nosa historia
Embutidos Hermelino é unha empresa de embutidos cárnicos con sede no Valadouro, fundada no ano 1939 por Hermelino Lorenzo García e que actualmente rexenta a cuarta xeración.
Embutidos Hermelino aposta polo porco de raza porco celta certificada que se alimentan de recursos naturais estacionais como landras, castañas e vexetais dos ricos bosques galegos, chegando a acadar estes porcos un peso que oscila entre os 130 e 150kg.
Para a elaboración dos seus produtos cárnicos emprega materia prima de calidade como o porco de raza porco celta, sal, pemento doce de La Vera e allos de produción local, sen engadir conservantes nin colorantes artificiais; tan só rematando o proceso de salgadura ou afumado nas súas propias instalacións para conservar a carne de maneira tradicional, como facía o seu fundador nos inicios.
Cada produto ten unha historia. Descubre as familias e obradoiros que fan posible Son de Lugo.