Milhulloa

Palas de Rei

Milhulloa transforma plantas medicinais, aromáticas e produtos da Ulloa en infusións, oleatos e alimentos ecolóxicos con saber tradicional.

Os produtos de Milhulloa

Non se atoparon produtos...

A nosa historia

Cando Chusa Expósito, Carmela Valiño e Anxos Orgueira quixeron poñer nome ao seu proxecto, elixiron o da herba que máis abondaba de xeito natural na súa finca do lugar do Coto en Palas de Rei: a milfollas, aquilea ou herba do carpinteiro. Era o ano 2001, e a súa a primeira iniciativa de cultivo ecolóxico certificado de plantas medicinais e aromáticas en Galicia. Dende o inicio, estas pioneiras compaxinaron a súa formación en bioloxía e farmacia cos saberes tradicionais da súa comarca. Ademais contaron co asesoramento do departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela, á que tamén serven como exemplo de aproveitamento sostible do territorio, e traballaron co Centro de Investigación Forestal Lourizán.

Así, a milfollas abriu espazo a moitas outras herbas: artemisa, caléndula, fiúncho, chantaxe, hortelá, macela, melisa, menta, tomiño, ourego ou salvia agromaron en sementeiras para medrar na terra, nun proceso do comezo a fin nas súas mans, do cultivo á cámara de secado. Un pouquiño da Ulloa infusionada en cada cunca, ora para durmir mellor, ora para un arrefriado, esa é a idea! Ou tamén maceradas en aceite para nutrir a nosa pel con distintos oleatos, bos algúns para as pernas cansas, outros para a dor de cabeza, e todos perfectos compañeiros das augas do balneario de Pambre —onde son produto de cabeceira—, e do puro pracer, que tamén conta.

Con esa vontade de innovación que lles valeu varios recoñecementos (entre eles o Premio de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales do Ministerio de Medio Ambiente Rural y Marino), no ano 2003 comezaron a deshidratar a hortaliza do país por excelencia, o grelo, especial para facer envíos e así curar a morriña dos milleiros de galegos espallados polo mundo.

Vídeo

Os datos de Milhulloa

Teléfono

620 783 682

email

milhulloa@hotmail.com

Localización

Coñece todos os nosos produtores

Cada produto ten unha historia. Descubre as familias e obradoiros que fan posible Son de Lugo.