Es produtor?

Únete á rede de produtores da provincia de Lugo

Son de Lugo é a tenda dos produtores da provincia de Lugo. Se ti tamén o és, este é o teu sitio. Aquí non vendes a través de nós. Vendes co noso apoio.

A nosa proposta

Se tes un produto da provincia de Lugo e buscas un lugar onde vendelo directamente, sen ceder o control nin a marxe a intermediarios, Son de Lugo é a túa tenda. Nós non compramos o teu produto para revendelo. Poñemos a plataforma, a loxística e os clientes. Ti decides o prezo e ti decides que vender en cada momento.

O modelo habitual
Con Son de Lugo

Nós poñemos a tenda. Ti pos o produto.

Catro cousas que nós facemos por ti, para que ti te poidas dedicar ao que mellor sabes facer.

A plataforma

Un espazo dixital onde os teus produtos están visibles para todas as persoas que queren mercar produtos de calidade.

A loxística

Xestionamos o envío para que o teu produto chegue á porta do comprador en perfectas condicións.

A comunidade

Úneste a un grupo de produtores de Lugo que xa están vendendo directamente. A forza de todos traballa para cada un de nós.

A visibilidade

Facemos campañas de márketing para dar a coñecer os teus produtos e a túa marca. Nós encargámonos de que te coñezan.

De produtores, para produtores

Somos produtores da provincia de Lugo. Se ti tamén o es, este é o teu sitio. Contáctanos!

Titular do sitio web: A Carqueixa SCG. Finalidade: atender, xestionar e responder ás solicitudes de información ou ás comunicacións que se realicen a través deste formulario. Lexitimación: consentimento da persoa usuaria que utiliza a ferramenta. Destinatarios: os datos que nos envías quedan almacenados nos servidores de Arela Márketing Sostible. Dereitos: podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Máis información: consulta a nosa política de privacidade.