Ribeiregas conservas

Negueira de Muñiz

Ribeiregas elabora alimentos ecolóxicos e artesáns na alta montaña lucense, defendendo a terra, a vida rural e o territorio.

A nosa historia

Ribeiregas é a seccion de alimentación da cooperativa Ribeira do Navia.

As Ribeiregas traballamos duro defendendo a terra e sostendo a vida. Producimos alimentos, paisaxes, cultura e vida nun territorio xeograficamente afastado e transfronterizo da alta montaña lucense.

Situámonos na parroquia de San Pedro de Ernes, en Negueira de Muñiz. Somos un proxecto centrado na alimentación ecolóxica artesá e elaboramos de maneira natural marmeladas, zumes, salsas, froitas deshidratadas, patés, hortalizas, pan...

Cremos na revitalización do medio rural e decidímonos a asentar poboación realizando tamén traballos de bioconstrución e forestais. Ademais programamos xornadas sobre distintas temáticas centradas no rural, no feminismo, etc.

Os datos de Ribeiregas conservas

Teléfono

627 963 307

email

cooperativaribeiradonavia@yahoo.es

Coñece todos os nosos produtores

Cada produto ten unha historia. Descubre as familias e obradoiros que fan posible Son de Lugo.