A Carqueixa

Pez, Tenreira Galega Suprema

Desde 22,90

/ kg

IVE incluído

O pez de Tenreira Galega Suprema, tamén coñecido como “falso solombo”, é unha peza da tenreira situada na parte lateral anterior da espaldilla, na paletilla xunto á llana.

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

  • O pez de tenreira é unha peza alongada, tenra e zumarenta; cun nervio que a percorre en toda a súa lonxitude e que separa as dúas partes magras, pero que se extrae con facilidade.

Este corte de Tenreira Galega Suprema de O Sabor dos Ancares, é perfecto para asar, ao forno, estofar ou con recheo pois é unha carne con moito sabor.

Envíase  envasado ao baleiro, igual que o resto de produtos que vendemos online, e coa súa data de consumo preferente, aínda que coa embalaxe sen abrir, pode conservarse durante varios días na neveira, malia que sempre recomendamos conxelala ao momento da súa recepción se non se vai consumir nos días inmediatamente posteriores.

Conxelada e envasada ao baleiro, mantéñense todas as propiedades e sabor da tenreira.

A carne que podes comprar na web de O Sabor dos Ancares procede unicamente das explotacións gandeiras familiares que os cooperativistas da Carqueixa xestionan na comarca dos Ancares, en Galicia.

Esta orixe é de por si unha garantía de calidade.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Pez, Tenreira Galega Suprema”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

A Carqueixa (O sabor dos Ancares)
Cervantes

Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.