A Carqueixa

Agulla de Tenreira Galega Suprema sen óso

Desde 22,90

/ kg

IVE incluído

A agulla é a parte posterior do pescozo. Ten unha textura que a fai axeitada para estofar, facela ao forno ou para carne ao caldeiro. Podes seleccionar se queres que a enviemos nun trozo único ou en anacos.

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

A Agulla de tenreira é unha das pezas de carne máis versátiles á hora de cociñar. Pode empregarse para cocido, estofado, carne ao caldeiro, guisos ou mesmo para facer ao forno. É unha peza tenra e zumarenta.

A agulla de tenreira envíase nunha única peza ou podes seleccionar tamén que a enviemos en anacos, estilo ragout. Como todas as pezas de carne que vendemos online, envasada ao baleiro. A carne vai etiquetada ca súa data de consumo preferente. Ca embalaxe sen abrir, pode conservarse durante unha semana na neveira, pero recomendamos que se non se vai consumir nos días seguintes a recibir o pedido de carne, esta se meta no conxelador. Conxelada, a tenreira mantén as súas propiedades e sabor.

A tenrura e sabor da Agulla, é o resultado dunha alimentación natural dos animais (leite materno complementado con produtos cultivados en Galicia como as patacas). O selo de calidade Ternera Gallega Suprema, certifica que a nosa carne procede de animais entre 8 e 10 meses, que foron criados en liberdade.

En O sabor dos Ancares podes comprar carne galega online, sen intermediarios, cun prezo xusto tanto para os gandeiros como para o consumidor.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Agulla de Tenreira Galega Suprema sen óso”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

A Carqueixa (O sabor dos Ancares)
Cervantes

Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.