A Carqueixa

Ossobuco de Tenreira Galega Suprema

Desde 21,90

/ kg

IVE incluído

Ossobuco, termo procedente do italiano que significa «Óso con buraco», é o corte transversal do xarrete, situado na parte extrema das patas da tenreira, pero con óso; con apenas graxa e moi xelatinoso.

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

A forma máis habitual de cociñar o ossobuco de tenreira é en guiso, aínda que tamén se pode asar ou cocer. O óso achega ao guiso todo o sabor e esa textura xelatinosa propia deste corte.

Recibirás o ossobuco de tenreira de O Sabor dos Ancares envasado ao baleiro, cortado en rodas ou nunha mesma peza.

Toda a nosa carne procede de tenreiros cunha alimentación 100% natural e criados en liberdade.

Lembra que comprando en O sabor dos Ancares estás axudando a manter un rural vivo nos Ancares, grazas ás máis de 200 familias que forman parte da Cooperativa A Carqueixa, para que poidan vender os seus produtos a prezos xustos e sen intermediarios; dos Ancares á túa mesa.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Ossobuco de Tenreira Galega Suprema”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

A Carqueixa (O sabor dos Ancares)
Cervantes

Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.