A Carqueixa

Vacío de falda de Tenreira Galega Suprema

Desde 20,80

/ kg

IVE incluído

O vacío de falda de tenreira é un tipo de corte que se saca da falda de vacún, na parte lateral, xunto ás costelas. É a parte baixa da costela onde xa non hai óso.

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

O vacío de falda tenreira é un corte orixinario da cultura arxentina, usado nas súas clásicas grelladas e asados, aínda que cada vez está máis presente na nosa cociña.

A pesar de ser unha carne un pouquiño máis fibrosa, é extremadamente saborosa: recuberta por dúas capas de graxa externa que retén todos os seus zumes. Sorprenderá até os padais máis selectos.

Enviamos o vacío de falda nunha mesma peza ou cortada, envasada ao baleiro e coa súa etiqueta de consumo preferente; acompañada da etiqueta de Tenreira Galega Suprema; selo de calidade que garante a procedencia e orixe dos nosos becerros: animais de entre 8 e 10 meses, criados en liberdade e alimentados de maneira natural en Galicia (no noso caso, na serra dos Ancares).

Lembra que coa túa compra apostas e contribúes para manter un rural vivo nos Ancares.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Vacío de falda de Tenreira Galega Suprema”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

A Carqueixa (O sabor dos Ancares)
Cervantes

Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.