Embutidos Hermelino

Touciño de porco Celta

12,90

/ unidade

IVE incluído

Touciño salgado e curado de Porco Celta:

  • Peza de peso aproximado entre 300 e 500 gramos.
  • Certificado 100% Raza Autóctona Porco Celta.
  • Equilibrio perfecto de graxa e carne magra.
  • Envasado ao vacío.

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

Esta panceta de Porco Celta, certificada 100% Raza Autóctona Porco Celta, é salgada e curada de xeito tradicional, cunha gran calidade, palatabilidade e sabor. Esta panceta ten vetas de carne magra entre a graxa. Obtida da peza enteira, os cortes son o máis homoxéneos posible, sen ningún tipo de conservante nin colorante artificial.

Desde Son de Lugo enviámolo perfectamente envasado ao vacío, garantizando a súa frescura e conservación. Recomendamos que se manteña nun lugar fresco e seco. Probablemente a súa presentación máis común é á grella en forma de liscos, aínda que tamén se pode engadir coma un excelente ingrediente secundario na elaboración de moitos pratos, coma unhas lentellas ou acompañando unha hamburguesa.

Esta panceta provén en exclusiva de animais criados e cebados na explotación familiar de Hermelino, no Valadouro. Hoxe ao frente Adrián Sixto, un mozo que se decidiu firmamente a conservar a nosa cultura máis ancestral coa cría do Porco Celta na provincia de Lugo.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Touciño de porco Celta”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

Embutidos Hermelino
Valadouro

Embutidos Hermelino elabora produtos cárnicos tradicionais con porco celta certificado, ingredientes naturais e afumado propio no Valadouro.