Descripción
Esta historia comeza co legado do noso pai e o seu amor pola natureza, o que inspirou a mantermos este lazo entre abellas e os Ancares e converternos en pastores de abellas.
A tradición abelleira constitúe unha cultura enxebre dos Ancares que ten coma mellor expresión a existencia dunha arquitectura popular de enorme beleza: os cortíns.
En Casa Príncipe facemos a recollida do mel (esmelga) ao final do verán. Así recollemos o sabor de todas as floracións das paisaxes dos nosos cortíns: castaños, uces, silvas…
A porcentaxe de néctar de cada tipo de flor varía todos os anos, dependendo das condicións ambientais e meteorolóxicas de cada ano.





Reseñas
Aínda non hai valoracións.