Embutidos Hermelino

Touciño branco de porco Celta

9,50

/ unidade

IVE incluído

Touciño salgado e curado de Porco Celta, procedente de porcos criados nos bosques da provincia de Lugo por Hermelino.

  • Pezas cun peso entre 350 e 485 gramos.
  • Envasado ao vacío.
  • Certificado 100% Raza Autóctona Porco Celta.

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

Probablemente a receita máis sabrosa para este unto certificado 100% Porco Celta sexa como ingrediente estrela do tradicional caldo galego, pero non nos podemos olvidar de untar a tixola para facer as filloas! É un touciño branco, que non ten vetas de carne.

É un produto obtido da peza enteira, procurando que os cortes sexan o máis homoxéneos posible, cun peso medio de 420 gramos. Desde Son de Lugo envíamolo ao teu domicilio perfectamente envasado ao vacío, o que garantiza a súa protección e preservación. Recomendámosche que o saques da bolsa como mínimo unha hora antes do seu consumo.

Na explotación familiar de Embutidos Hermelino, no Valadouro, nacen e críanse en liberdade os porcos de raza autóctona, sendo un referente a súa explotación na provincia de Lugo e en España.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Touciño branco de porco Celta”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

Embutidos Hermelino
Valadouro

Embutidos Hermelino elabora produtos cárnicos tradicionais con porco celta certificado, ingredientes naturais e afumado propio no Valadouro.