Muuhlloa

Loción capilar densificadora

29,00

/ unidade

IVE incluído

A marca de cosmética galega Muuhlloa creou esta loción capilar densificadora para estimular e fortalecer o coiro cabeludo.

  • Tratamento e coidado capilar natural.
  • Protexe e estimula o coiro cabeludo.
  • Formulada con ingredientes ecolóxicos, sen compostos químicos nocivos.

100 ml.

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

Inclúe a loción capilar Muuhlloa na túa rutina de coidado capilar para aproveitar os seus principios activos con efecto densificador e estimulante.

Esta loción capilar está elaborada con ingredientes de certificación ecolóxica e de produción propia como o pemento de Padrón, o romeu, a ortiga ou a salvia, formulados para estimular a circulación e fortalecer o coiro cabeludo. Entre os ingredientes desta loción capilar, tamén está o buxo, que tradicionalmente se utilizou durante séculos para tratar problemas capilares.

O modo de emprego é moi sinxelo, é necesario axitar o bote e aplicar a loción sobre o coiro cabeludo. Usa a pipeta dosificadora para repartir mellor o produto. Masaxea lixeiramente cos dedos para garantir que se absorbe correctamente e non aclares, deixa que o produto actúe. Esta loción capilar pode ser utilizada co cabelo seco ou húmido.

Esta é unha loción capilar ecolóxica na que toda a materia prima e os ingredientes son de produción propia de Muuhlloa. Un proxecto de cosmética ecolóxica galega que nace da colaboración de dúas empresas lideradas por mulleres na Comarca da Ulloa, Lugo. Granxa Maruxa e Milhulloa comparten recursos para innovar no sector da cosmética natural, aproveitando os saberes tradicionais e apostando pola sustentabilidade e os produtos de calidade.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Loción capilar densificadora”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

Muuhlloa
Monterroso

Muuhlloa une leite ecolóxico, plantas medicinais e talento rural para crear cosmética galega natural, sostible e con raíz na Ulloa.

Tamén che pode gustar

Máis Cosmética ecolóxica