Caixa dúo – Club Son de Lugo

69,90

/ caixa

IVE incluído

Entre 8 e 10 produtos artesáns da provincia de Lugo para compartir entre 2 ou 3 persoas. Enche a despensa, proba novos sabores e apoia directamente os pequenos produtores. Unha selección diferente cada mes, con envío refrixerado incluído e sen permanencia.

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

A caixa dúo do Club Son de Lugo leva cada mes á túa casa unha selección ampla de produtos elaborados por pequenos produtores e produtoras da provincia.

Está pensada para 2 ou 3 persoas e inclúe entre 8 e 10 produtos diferentes. Un formato equilibrado para compartir, encher a despensa e descubrir con calma o sabor das distintas comarcas de Lugo.

A selección cambia cada mes segundo a tempada e a dispoñibilidade dos produtores. Poderás recibir carne, embutidos, pan, empanadas, conservas, mel, marmeladas, queixos, zumes, cervexas artesás, doces e outros produtos frescos ou elaborados.

Non saber exactamente o que vai chegar forma parte da experiencia. Cada caixa permite coñecer novos obradoiros, probar produtos que non adoitan estar nas grandes superficies e descubrir todo o que se produce na provincia.

Que inclúe a caixa dúo?

  • Entre 8 e 10 produtos diferentes cada mes.
  • Cantidades pensadas para 2 ou 3 persoas.
  • Produtos locais, artesáns e de tempada.
  • Unha selección cun valor superior ao prezo da caixa.
  • Envío refrixerado incluído.
  • Adaptación a intolerancias e preferencias alimentarias.
  • Subscrición sen permanencia.

A primeira caixa chegará aproximadamente dez días despois da subscrición. As seguintes enviaranse durante a primeira semana de cada mes. Podes cancelar cando queiras.

Se non consumes carne, alcohol ou glute, ou tes algunha alerxia ou intolerancia, indícao no momento da compra. Adaptaremos a selección para que poidas gozar da experiencia.

A caixa dúo non só leva produtos á túa casa. Achega o traballo das pequenas producións da provincia á túa mesa e converte cada entrega nunha nova forma de coñecer Lugo.

Tamén che pode gustar

Máis Cestas e agasallos